A asociación veciñal da Milagrosa reclama a reparación urxente da rúa Azor en Lugo

LugoXa
Denuncian o mal estado do firme, con numerosos baches e sen beirarrúas, e piden incluír a actuación nos orzamentos municipais
rúa-Azor-Lugo
18 Sep 2025

A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa vén de trasladar á Concellería de Vías e Obras do Concello de Lugo unha demanda que cualifica de urxente pola situación na que se atopa a rúa Azor, no barrio.

Segundo denuncian, a vía presenta un deterioro moi acusado, con numerosos baches e desperfectos que afectan tanto á circulación de vehículos como á seguridade dos peóns. Ademais, salientan que a rúa carece de beirarrúas, o que agrava os problemas de accesibilidade e mobilidade na zona.

Por este motivo, a asociación solicita que a reparación e o acondicionamento do firme da rúa Azor se inclúan nos orzamentos municipais do ano 2025 ou, no seu defecto, nos de 2026. Consideran que se trata dunha actuación prioritaria para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, así como o tránsito no barrio.

⚙ Configurar cookies
0.089644908905029