A Asociación Veciñal Lucus Augusti denuncia o estado do pavimento do Leirapárking no HULA

LugoXa
La Federación de Asociaciones Vecinales "Lucus Augusti" denuncia el mal estado del pavimento del Leirapárking del HULA.
pavimentacion leira parking2
27 Dec 2021

A Federación de Asociacións Veciñais “Lucus Augusti” da provincia de Lugo denuncia o estado no que se atopa o pavimento do Leirapárking do HULA.

Afirman que durante as últimas semanas foron moitos, os usuarios, que remitiron as súas queixas debido ao “desastroso estado do pavimento do aparcadoiro da zona, destacando que esta é unha instalación municipal que na actualidade se encontra chea de fochancas e fochas, moitas delas de importantes dimensión, de 30 e 40 cm”.

Esta situación supón un aumento do risco na vida diaria de miles de persoas que acoden ao HULA. Por iso, solicitan ao Concello a súa reparación de maneira urxente xa que “os usuarios do HULA non o son por capricho, senón que visitan esta infraestrutura sanitaria por necesidade, e merecen unhas instalacións municipais dignas, polo que as Administracións deben estar á altura”.

A pavimentación desta zona facilitaría o acceso ao hospital sen poñer en risco os vehículos nin as persoas do seu interior que poden resultar feridas ao caer ou tropezar nalgunha destas fochancas.

0.21932888031006