A Asociación Veciñal Lucus Augusti solicita de novo a pavimentación do Leirapárking
A Federación de Asociación Veciñais Lucus Augusti volve solicitar a pavimentación do Leirapárking xa que cualifican o seu estado como “lamentable”. A súa situación empeorou tralas últimas choivas das pasadas semanas, atopándose impracticable.
Nos pasados días a Federación contabilizou, “máis de 200 fochancas; ademais da imposibilidade real de estacionar nel, o que o fai carecer por completo de sentido práctico”.
A este respecto “recordamos tamén, que hai aproximadamente 1 mes e medio, e tras unha denuncia por parte da nosa entidade á devandita Concellería competente nesta materia, do seu estado, procederon a “arranxalo”, deixándoo convertido nunha simple e clara chapuza. Os lucenses, sen dúbida, merecemos algo mellor”.
Desde a Federación de Asociacións Veciñais “ Lucus Augusti” da provincia de Lugo, reiteran que, novamente, agardan, por parte dos titulares do Concello de Lugo, coherencia.