A Federación de Asociacións Veciñais volve denunciar o mal estado do Leirapárking

LugoXa
A Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti volve dar conta da mala situación na que se encontra o Leirapárking situado no Hula que según declaran "atópase nun estado lamentable, completamente cheo de fochancas".
13 Xan 2023

A Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti volve dar conta da mala situación na que se encontra o Leirapárking situado no Hula que según declaran "atópase nun estado lamentable, completamente cheo de fochancas".

Ante esta situación desde a asociación "solicitamos a urxente realización duns labores de mantemento e unhas capas de saburra para evitar que os vehículos que estacionan nel sufran danos, causados polas fochancas que ten devandito aparcadoiro".

"Temos entendido que hai unha empresa de mantemento para o arranxo do Leirapárking e queremos pedir explicacións públicas de que tipo de mantemento realiza dita empresa, se é que existe e con que periodicidade e a que custos" declaran dende a asociación.

Dada esta situación na que se atopa o aparcamento público situado enfronte do Hula, desde a Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti "imos crear un Marathon da Fochanca, que consistirá en que periodicamente contaremos o número de fochancas que hai no aparcadoiro público situado enfronte ao Hula".

"Nesta primeira edición do Marathon da Fochanca, que realizamos esta semana contabilizamos un total de 211 fochancas, uns máis grandes e outros máis pequenos" din desde a Federación e creen que que ante esta situación "requírese unha intervención urxente que deixe o estado do aparcadoiro nunhas mínimas situacións".

0.19046092033386