A Asociación Xaquedrum abre as incricións para a súa Escola Deportiva de Xadrez

LugoXa
Na Escola de Xadrez existen clase por grupos de pre-xadrez, de iniciación, perfeccionamento e de alta competición, como clases individuais
escola-deportiva-xadrez-lugo
16 sep 2024

A Asociación Xaquedrum inicia unha nova tempada da Escola Deportiva de Xadrez que terá lugar desde o 1 de outubro ata maio, con grupos reducidos e moi variados xa que se ponden apuntar desde os rapaces de catro anos ata os adultos.

A matrícula dos socios será de 30 euros, prezo que non inclúe o pago das clases, que pode variar desde os 20 euros para unha hora á semana ata 10 euros máis no caso de dúas horas á semana.

Na Escola de Xadrez existen clase por grupos de pre-xadrez, de iniciación, perfeccionamento e de alta competición, como clases individuais. E haberá grupos de iniciación e perfeccionamento para adultos.
Para levar a cabo a inscrición pódese realizar tanto en liña como por formulario en papel, a través de teléfono 657 974 937 ou a través do correo electrónico escolaluguesaxadrez@gmail.com.
"A nosa metodoloxía é participativa e cada un dos membros da Escola deportiva leva un seguimento individualizado e ten un material de traballo individualizado propio da nosa entidade, desta forma cada un deles pode ir mellorando ao seu propio ritmo. O material que se entrega a cada un dos nosos alumnos ou alumnas levaranllos a casa e terano que traer á clase seguinte", explican desde o centro.
A Escola Deportiva Xadrez de Lugo levará a cabo de luns a sábados no parque de Frigsa.
0.11118507385254