A Avenida da Coruña reduce a velocidade do tráfico coa instalación de novos pasos e lombos

A área de Mobilidade e Infraestruturas continúa a desenvolver unha nova fase do plan de calmado de tráfico na Avenida da Coruña, dentro das actuacións que se están a executar en diversos puntos da cidade.
O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que se están a instalar 12 novos elementos de calmado de tráfico, incluíndo pasos de peóns elevados e lombos de asno en distintas rúas urbanas. Arroxo destacou que “continuamos a atender os barrios e zonas periurbanas da cidade, para aumentar a seguridade peonil”.
Estas medidas teñen como obxectivo reducir notablemente a velocidade dos vehículos e garantir unha plataforma física a distinto nivel da calzada. En todos os casos, colocarase sinalización específica para avisar do paso de peóns elevado.
Rubén Arroxo subliñou a relevancia destas actuacións, lembrando que anteriormente se centrábanse nas zonas escolares e que agora se están a estender a novas áreas da cidade. Segundo explicou, o obxectivo é acadar un tráfico máis calmado e reforzar a seguridade da veciñanza.
Nesta última fase, a área de Mobilidade instalou lombos de asno no Camiño do Souto, Pedáneo Xoán Diego e na rúa Alba, así como pasos de peóns elevados noutros puntos do Camiño do Souto, e tamén en Túnel de Oural, Flor de Malva, Avenida da Coruña 435, Avenida Adolfo Suárez 79, rúa Illas Canarias 208, rúa Miguel de Cervantes 47-64, Ronda de Fingoi (centro de convivencia) e Avenida de Magoi 92.