A Axencia Galega de Doazón invita á cidadanía a doar antes da ponte de Santiago

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue realiza un chamamento xeneralizado á doazón de sangue dos grupos A Positivo e negativo e 0 positivo
doazon-de-sangue
Doazón de sangue
24 Jul 2024

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), convida a toda a cidadanía a doar sangue neste primeiro mes do ano, de maneira especial aos doantes 0 Positivo, A Negativo e A positivo, xa que nos últimos días detectouse un aumento das necesidades destes grupos sanguíneos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á colaboración nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS. Ademais, cómpre  lembrar que os centros sanitarios de Galicia precisan entre 400 e 500 doazóns diarias para desenvolver de maneira eficaz o seu labor asistencial.

ADOS quere salientar a importancia de aumentar a participación nas campañas de doazón de sangue nos meses de verán, un período especialmente sensible, xa que os meses estivais presentan dificultades engadidas para manter estable o volume de doazóns de sangue necesarias para o mantemento do intenso labor asistencial dos hospitais galegos. Ademais, a deslocalización dos doantes habituais por mor das vacacións, fai preciso reforzar o permanente chamamento apelando á solidariedade que a Axencia traslada á cidadanía.

Doar é moi sinxelo e seguro

Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.

Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.

 Agradecemento aos doantes

Desde a Axencia, co gallo da celebración do Día de Galicia, queremos facer un recoñecemento público á figura dos doantes de sangue, xa que xogan un papel fundamental no sostemento do noso sistema público de saúde. Grazas á solidariedade de miles de galegos e galegas, resulta posible a realización de intervencións cirúrxicas, transplantes de órganos, realización de tratamentos a doentes oncolóxicos,...

No ano 1993, Galicia iniciaba a recollida de doazóns de sangue en unidades móbiles e, desde entón, téñense recollido preto de 3.300.000 doazóns de sangue. Deste xeito, a nosa Comunidade pasou de ser a última en índice de participación a encabezar os rankings de solidariedade. Neste eido, salientar que Galicia é a quinta Comunidade Autónoma en índice de doazón de sangue, cunha participación tres puntos por riba da media nacional de doazón de sangue.

ADOS quere amosar o seu agradecemento a todos os cidadáns que contribúen coa súa doazón a salvar vidas, xa que a doazón de sangue representa, para moitos enfermos, un xesto indispensable que permite solucionar graves problemas de saúde.

Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.

0.16371512413025