A Axencia Tributaria formará a veciños de Lugo no uso da súa APP

LugoXa
A Federación Veciñal ‘Lucus Augusti’ participará nunha xornada formativa e divulgativa organizada pola Axencia Tributaria.
lugo federación veciños cogave
10 Maio 2022

A Federación de Asociacións Veciñais ‘Lucus Augusti’ da provincia de Lugo participará o vindeiro luns, ás 11 horas, nunha xornada formativa e divulgativa organizada pola Axencia Tributaria. A reunión será no Salón de Actos da sede da Axencia Tributaria na rúa da Raíña, número 2, en Lugo.

Baixo o título Tus gestiones en la App de la AEAT, vai dirixida ao tecido asociativo e, en concreto, ao movemento veciñal. De aí, que fora a entidade provincial a encargada de canalizar a asistencia, cunha representación das súas case 350 asociacións federadas, das que irán unha vintena por motivos de aforo.

Con todo, dende a Federación agardan poder realizar futuras accións formativas como a que terá lugar o vindeiro luns, dado a interesa amosada polos veciños.

Ao longo da xornada, explicarán aos asistentes como darse de alta no sistema Cl@ve, de identificación dixital. Ademáis asistirán aos asistentes na descarga da App da AEAT no seu teléfono móbil e se lles instruirá no manexo das utilidades dispoñibles, como a petición de cita previa, o acceso aos datos fiscais ou a realización da declaración coa Axencia Tributaria, entre outros asuntos.

A formación será impartida por persoal da delegación da AEAT de Lugo e será gratuíta para os asistentes.

0.20431399345398