A Banda de Música de Antas de Ulla anima o descanso do Breogán
A Banda de Música de Antas de Ulla realizou onte unha actuación no Pazo dos Deportes. A banda, que interpretou a canción Bella Ciao, animou o descanso do partido disputado entre o Club Baloncesto Breogán e o Valencia Basket recibindo unha gran ovación por parte do público presente.
Esta actuación ven tras a visita deste venres da Fundación Breogán ó ensaio da Banda de Música de Antas de Ulla. O director da Fundación Breogán, Salva Arco e Erik Quintela e Jonathan Kasibabu en representación do C.B. Breogán compartiron parte do ensaio da Escola Banda de Música de Antas de Ulla e coñeceron a traxectoria da banda e o seu labor grazas ao percorrido que lles fixo o músico de maior idade, Eduardo Salgadodade.
Esta colaboración xurde no marco do proxecto Experiencias Breogán, un proxecto no que colaboran a Fundación Breogán e Pazo de Vilane e co que pretenden coñecer e recoñecer o papel da formación musical ao longo dos seus 125 anos de historia.