A Banda de Música de Antas de Ulla e a Unió Musical Massamagrell, de Valencia, xúntanse nun intercambio cultural

LugoXa
A Escola de Banda de Música de Antas de Ulla celebrará audicións a vindeira semana os días 21 e 22 de xaneiro
140823 Encontro Banda de Música de Antas
14 Aug 2023

O deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, recibiu no Pazo de San Marcos aos músicos da Unió Musical Massamagrell, de Valencia. O colectivo valenciano está visitando a provincia de Lugo con motivo do intercambio cultural que realiza coa Banda de Música de Antas de Ulla, un encontro co que colabora a Deputación de Lugo.

Fernández deu a benvida ao preto do centenar de participantes desta iniciativa que conta cunha achega da institución provincial de 9.000€. A banda ulloán recibiu esta axuda económica para poder realizar un intercambio que permita “a posta en valor da cultura e a música como elemento diferenciazor e dinamizador da historia e o patrimonio lucense”, explicou.

Fernández desexou aos músicos unha boa estadía na provincia de Lugo e pediulles regresar para “coñecer mellor o patrimonio natural e cultural dos 67 concellos da provincia”. A visita dos valencianos débese á súa participación no Certame de Bandas de Antas de Ulla, que se celebra na Praza Nova da vila á noitiña e que permitirá escoitar ao grupo local, aos valencianos pero tamén á Banda de Música de Vilalba.

Rematou felicitando á Alcaldesa de Antas de Ulla e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, por apoiar estas iniciativas e axudar a revivir a música dunha banda centenaria. A Deputación colaborou intensamente nos últimos anos co colectivo ulloán que vén de celebrar o seu 125 aniversario con exposicións, concertos especiais e unha publicación.

0.1685619354248