A Banda Municipal de Lugo volve soar no San Froilán tras cinco anos de silencio

LugoXa
O concerto no Templete da Praza Maior marcou o regreso da formación ás festas, nun paso clave para recuperar a normalidade na Banda e na Escola Municipal de Música
Banda-Municipal-de-Lugo
10 Oct 2025

A Banda Municipal de Lugo recuperou a súa presenza nas festas do San Froilán, despois de cinco anos sen ofrecer concerto durante a gran celebración do outono galego.

O regreso tivo lugar no Templete da Música da Praza Maior, un escenario simbólico que forma parte da historia e da identidade da agrupación musical.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, destacou que “o concerto de hoxe é un primeiro paso para recuperar a normalidade dentro da Banda e da Escola de Música”, e cualificou esta volta como “un dos principais eventos do San Froilán 2025”.

Ferreiro lembrou tamén que, tras o acordo aprobado onte na Xunta de Goberno, o Concello iniciou xa o proceso para recuperar o funcionamento habitual da Escola Municipal de Música e activar o novo curso “o antes posible”.

A edil subliñou que o obxectivo é devolver a estabilidade a unha das institucións culturais máis queridas da cidade e garantir a continuidade da súa actividade formativa e artística.

MÁIS ACTIVIDADES DO SAN FROILÁN ATA O DOMINGO DAS MOZAS, 12 DE OUTUBRO

⚙ Configurar cookies
0.072206020355225