A Biblioteca da Fonsagrada organiza un obradoiro de creación plástica
Con motivo do Día das Artes Galegas, adicado a Laxeiro, a Biblioteca da Fonsagrada organiza un obradoiro de creación plástica no que os asistentes coñecerán ao artista e achegaranse a súa obra e ás cidades onde desenvolveu a súa vida.
Fomentarase a reflexión e a creatividade na elaboración dunha peza coas técnicas pop up e pregado de papel. Esta actividade está financiada pola Xunta de Galicia dentro do programa de dinamización da Lectura "Ler Conta Moito".
Está dirixida aos nenos e nenas a partir de 6 anos de idade. Para poder participar será obrigatorio realizar unha inscrición previa a través do enderezo electrónico biblioteca@afonsagrada.org indicando nome, apelidos e idade.
A actividade desenvolverase na Biblioteca Pública Municipal da Fonsagrada o venres 1 de abril ás 17.30 horas. A duración do obradoiro é de 60 minutos.
Para celebrar o Día das Artes Galegas a Real Academia Galega de Belas Artes escolle o 1 de abril de cada ano, en memoria da mesma xornada do ano 1188, data constatada no epígrafe dos dinteis do Pórtido da Gloria e coa que se certifica que aquela obra foi dirixida por Mestre Mateo.