A Biblioteca de Antas de Ulla convoca un certame de poesía infantil

LugoXa
A Biblioteca Pública Municipal de Antas de Ulla convoca o certame de poesía para nenos e nenas con temática de Nadal
poesia
1 Dec 2022

A Biblioteca Pública Municipal de Antas de Ulla convoca un certame de poesía infantil para este Nadal onde poderán participar todos os nenos e nenas, con poemas cuxa temática sexa O Nadal.

O certame contará con tres categorías, a primeira ata os 8 anos, a segunda de 9 a 11 anos e unha terceira comprendida entre os 12 e os 16 anos. Os poemas deberán estar redactados en galego e cada autor/a poderá presentar tantos como desexe.

A extensión máxima é dun folio por unha soa cara e poderán presentarse mecanografados, escritos a computadora ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Cada traballo irá acompaña dunha folla onde aparecerá o nome e demais datos do autor/a.

O prazo de presentación dos poemas rematará o 30 de decembro de 2022 e deberán ser entregados polos seus autores/as na Biblioteca Pública Municipal. Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo.

O xurado seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos e os autores/as seleccionados recibirán cadanseu diploma e libros.

0.19391989707947