A biblioteca de Castro de Rei inicia este mes varias actividades de animación á lectura

TerraChaXa | LugoXa
A biblioteca Poeta Crecente Vega de Castro de Rei prepara varias actividades de dinamización da lectura do Programa Ler conta moito.
neno lectura biblioteca
26 May 2022

A biblioteca Poeta Crecente Vega de Castro de Rei prepara varias actividades de dinamización da lectura enmarcadas no Programa Ler conta moito da Xunta de Galicia que se impartirán en maio, xuño e setembro.

A primeira delas terá lugar od ía 31 de maio e trátase do conto-concerto titulado Como montar a túa banda de verán, a cargo de Xoán Curiel. Baseado no libro disco editado por Galaxia Estamos no verán, combina contacontos con música e coreografías. É moi participativo, divertido á vez que didáctico. Está dirixido a nenos de 5 a 10 anos.

Continuarán o día 20 de xuño coa actuación do mago Pedro Bugarín, tralo éxito acadado o ano pasado volve a Castro de Rei con un espectáculo novo titulado Galicia ilusiona coa maxia. Está dirixido a maiores de 6 anos.

Finalmente, o 15 de setembro terá lugar o contacontos  Amadeo e as historias do galiñeiro, de Javier Gómez Lojo. Amadeo pasa o día rodeado de animais da granxa. Igualdade e amizade son os motores deste conto dirixido a nenos de 3 a 7 anos.

0.057161092758179