A Biblioteca de Outeiro de Rei entregou os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas

LugoXa | TerraChaXa
Desde a Biblioteca Municipal destacaron a creatividade e o talento amosado polos 60 participantes
entrega-premios-concurso-letras-galegas-outeiro
17 Jun 2025

A Biblioteca Pública Municipal de Outeiro de Rei fixo entrega dos premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2025, unha actividade xa consolidada dentro da programación cultural do concello. Nesta edición participaron arredor de 60 nenas e nenos de diferentes niveis educativos.

Na categoría de debuxo, dentro do grupo A (ata 8 anos), os premios foron para Valeria Hungría Fernández (1º de Primaria), Adrián Blanco Pérez (1º de Primaria) e Aroa Fernández Barreiro (3º de Primaria), mentres que o accésit recaeu en Hugo López Díaz (3º de Primaria). Na categoría B (de 9 a 11 anos) resultaron premiadas Area Barreiro Barja (4º de Primaria), Abril Lorenzo López (5º de Primaria) e Icía Saornil Morandeira (6º de Primaria), sendo o accésit para Antón Fernández Barreiro (5º de Primaria). Na categoría C (de 12 a 16 anos) o único premio foi para Manuel Rodríguez Coedo (6º de Primaria).

En canto á categoría de narración, no grupo A (ata 8 anos) o gañador foi Hugo López Díaz (3º de Primaria). Na categoría B (de 9 a 11 anos) os premios foron para Area Barreiro Barja (4º de Primaria), Nerea Rodríguez Saornil (6º de Primaria) e Carmen Fernández Manso (5º de Primaria). O accésit nesta categoría correspondeulle a Dafne Peña Piñeiro.

Desde a Biblioteca Municipal destacaron a creatividade e o talento amosado polos participantes, así como a importancia de seguir promovendo o uso da lingua galega a través da expresión artística e literaria dende idades temperás.

⚙ Configurar cookies
0.15529012680054