A Biblioteca Municipal da Fonsagrada presenta o seu novo club de lectura

LugoXa
O primeiro encontro será o mércores 2 de abril, de 18.30 a 19.30 horas, na Biblioteca Municipal
concello-da-fonsagrada
8 Mar 2025

A Biblioteca Municipal da Fonsagrada presenta o seu novo club de lectura, unha oportunidade para todos os amantes da lectura que queiran compartir as súas impresións e debatir sobre os libros que están lendo. O club está aberto a todas as persoas que desexen participar.

A dinámica do club consiste en que os participantes lerán o mesmo libro ao mesmo tempo, cada un na súa casa, pero cada 15 días reuniranse para comentar as páxinas lidas ata o encontro anterior. O primeiro encontro será o mércores 2 de abril, de 18.30 a 19.30 horas, na Biblioteca Municipal.

Calquera persoa interesada en unirte ao club de lectura, pódese inscribir chamando ao 982 340 245, enviando un correo a biblioteca@afonsagrada.org ou acudindo en persoa á Biblioteca Municipal, en horario de 14.00 a 20.00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.036614894866943