A Biblioteca Municipal de Antas de Ulla celebra unha nova sesión do club de lectura para bebés
A Biblioteca Municipal de Antas de Ulla acolleu unha nova reunión do seu club de lectura para bebés, un espazo pensado para fomentar o amor polos libros dende as primeiras etapas da vida.
Nesta ocasión, participaron familias de Antas de Ulla e tamén doutras localidades próximas, como Palas de Rei, Monterroso e Taboada, demostrando o interese rexional que esperta esta iniciativa cultural.
A sesión estivo a cargo de Silvia, da asociación Emocionarte, quen se encargou de captar a atención dos máis pequenos e pequenas cunha narración envolvente e chea de maxia. A súa interpretación do conto seleccionado converteu a actividade nunha experiencia inesquecible tanto para a cativada como para as súas familias.
O club de lectura para bebés de Antas de Ulla continúa consolidándose como unha referencia na promoción da lectura temperá, un recurso clave para o desenvolvemento cognitivo e emocional dos máis pequenos.