A Biblioteca Municipal de Monterroso ofrece acceso libre a Internet e dispositivos tecnolóxicos

LugoXa
Esta mellora tecnolóxica permite aos usuarios da Biblioteca Municipal realizar os seus traballos ou gozar do seu tempo de lecer de maneira gratuíta
Zona-Wifi-Biblioteca-Monterroso
24 Mar 2025

A Biblioteca Municipal de Monterroso ven de incorporar novas melloras nas súas instalacións, permitindo agora aos seus usuarios o acceso libre a Internet, ademais de ofrecer cinco tabletas para o préstamo nas propias instalacións.

Tamén se atopan dispoñibles algúns accesorios, como auriculares, adaptadores e puntos de recarga, todo de balde para que os usuarios poidan aproveitar ao máximo as novas dotacións tecnolóxicas.

Esta mellora tecnolóxica permite aos usuarios da Biblioteca Municipal realizar os seus traballos ou gozar do seu tempo de lecer de maneira gratuíta, utilizando os novos recursos informáticos postos ao seu dispor.

A Biblioteca Pública Municipal está situada no Espazo Cultural Lorenzo Varela e permanece aberta de luns a venres en horario de 15.30 a 19.30 horas.

O equipo de Goberno municipal achegouse recentemente ás instalacións da biblioteca para coñecer de primeira man as melloras implementadas, destacando a importancia deste tipo de avances para seguir fomentando o acceso á cultura e á tecnoloxía na comunidade.

⚙ Configurar cookies
0.14394998550415