A Biblioteca Provincial de Lugo acolle a presentación do libro ‘Los maragatos de la puerta de San Pedro’

A Fundación Pérez-Carro e Egeria organizan a presentación do libro ‘Los maragatos de la puerta de San Pedro’, que terá lugar esta tarde de mércores, 11 de decembro, ás 20.00 horas.
A presentación, na que estarán os autores do libro, Antonio Giz e Xulio Xiz, será na Biblioteca Provincial de Lugo, polo que tamén participará Isabel Pérez, a directa da Biblioteca, así como a presidenta da Fundación, Mª Carmen Pérez-Carro; o conselleiro de Cultura, José López, Elena Candia e Paula Alvarellos.
Con este motivo, abrirase na Biblioteca unha exposición bilingüe co mesmo título, que posteriormente viaxará por diversas cidades de Galicia e Castela-León.
No libro participan 33 destacados lucenses pertencentes ás máis diversas profesións ou actividades que comentan o “impacto maragato” dos Pérez Carro; 12 cronistas da presenza maragata na provincia de Lugo, no entroido ou na gastronomía de Galicia, ou un sociólogo especialista na sociedade maragata. E, por parte da Familia Carro, Andrés García Carro, dos maragatos de A Coruña, e Juan Ángel Carro Pérez, natural de Lugo, que vive na Maragatería, e asina o limiar.