A Biblioteca Pública de Monterroso convoca o certame de poesía infantil

LugoXa
La Biblioteca Pública Municipal de Monterroso convoca el concurso de poesía infantil de Navidad, Se pueden presentar hasta el 21 de diciembre.
biblioteca monterroso
7 Dec 2021

A Biblioteca Pública de Monterroso convoca o Certame de poesía infantil no que poderán participar tódolos nenos, con poemas sobre o tema xenérico de “O Nadal”.

Establécense tres categorías, a categoría A ata 8 anos, a categoría B de 9 a 11 anos, a categoría C de 12 a 16 anos.

Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas teñen que estar escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara. Con cada traballo acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor.

O prazo de presentación dos poemas rematará o 21 de decembro de 2021, debendo ser entregados polos seus autores na Biblioteca Pública Municipal.

O xurado estará formado por entendidos na materia e seleccionarán por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos. Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e libros.

Os traballos que acaden o premio finalmente nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo.

O fallo do xurado local farase público na primeira quincena de xaneiro do 2022.

Os traballos que resulten premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.

0.19229817390442