A Biblioteca Pública Provincial acolle a exposición fotográfica itinerante ‘A mili no Sáhara’

LugoXa
A mostra reúne fotografías compiladas na web do mesmo nome, que desde o ano 2003 vén reunindo material e testemuñas de persoas que cumpriron o servizo militar no Sáhara
exposición-fotográfica-A-mili-no-Sáhara-Lugo
29 Apr 2025

A Biblioteca Pública Provincial acollerá entre os días 2 e 12 de maio a exposición fotográfica itinerante ‘A mili no Sáhara’, que traen á cidade a Subdelegación de Defensa de Lugo e a Asociación Nacional de Veteranos do Sáhara.

No acto de presentación, participaron o delegado territorial, Javier Arias; o subdelegado de Defensa, o coronel Juan José Fernández Arrojo, e Julio Méndez, representante da Asociación Nacional de Veteranos do Sáhara, entre outros.

A mostra reúne fotografías compiladas na web do mesmo nome, que desde o ano 2003 vén reunindo material e testemuñas de persoas que cumpriron o servizo militar no Sáhara, e outras que por traballo, familia ou comercio estiveron destinadas no África Occidental Español.

⚙ Configurar cookies
0.16267490386963