A Biblioteca Pública Provincial ten nova directora

A Biblioteca Pública Provincial de Lugo, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, ten dende esta mañá nova directora, trala toma de posesión de María Isabel Pérez Forneas como nova responsable do centro.
Pérez Forneas substitúe no cargo a María Elena García, que cesou a petición propia por motivos persoais e que regresa á súa praza na cidade da Coruña.
A nova directora da Biblioteca Provincial formaba xa parte do equipo técnico da mesma, o que lle permitirá continuar co labor da súa antecesora. Trala toma de posesión, esta mesma mañá mantiña a primeira reunión co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.