A bióloga lucense Marisa Castro, galardoada pola súa excelencia profesional

LugoXa
A bióloga lucense Marisa Castro, entre os galardoados pola súa excelencia profesional por Unión Profesional de Galicia
Marisa Castro Cerceda_otro
20 Abr 2023

Unión Profesional de Galicia, que representa os intereses de 41 colexios profesionais con 70.000 profesionais que exercen en Galicia nun total de trinta profesións, acordou na súa última asemblea entregar a súa Distinción a Juan José Martín Álvarez, secretario de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e ex director xeral de Xustiza do Executivo galego con recoñecemento a unha lucence.

Unión Profesional de Galicia entregará esta Distinción a Juan José Martín o próximo 5 de maio de 2023 no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela. Neste acto tamén serán entregados os 21 Galardóns Profesional Colexiado 2022, unha distinción que recoñece “as traxectorias profesionais e de servizo, a contribución ao prestixio da súa profesión, e os valores das mellores prácticas profesionais, sempre por encima de intereses particulares”.

“Estes 21 profesionais son unha mostra da excelencia no exercicio das súas profesións ao servizo da sociedade galega; un exemplo de entrega e de compromiso en favor do benestar da sociedade galega”, destaca Antonio Macho, quen lembra que o acto de Entrega de Galardóns Profesional Colexiado 2022 servirá de homenaxe e recoñecemento do seu traballo.

Os 21 profesionais vinculados a outras tantas profesións que recibirán o galardón son o coruñés Herminio Carballido Rey, axente da Propiedade Inmobiliaria; o arquitecto técnico ourensán Carlos Jorreto Veiga; o arquitecto cedeirense Manuel María Chaín Pérez; a bióloga lucense Marisa Castro Cerceda; o deseñador de interiores Eduardo Fernández Cancelo; a economista pontevedresa María del Pilar López Vidal; o doutor en Educación Física e presidente da Fundación Museo Etnolúdico de Galicia, situado en Ponteceso, Ricardo Pérez e Verdes; o farmacéutico coruñés Héctor Castro Bernardino; a fisioterapeuta pontevedresa Carmen Abonjo Blanco; o higienista dental José Luis García Sanz; a enxeñeira industrial e ex conselleira de Traballo e de Medio Ambiente Beatriz Mato Otero; o enxeñeiro informático ourensán, natural da Bola, e director da Escola Superior Enxeñería Informática (ESEI) de Vigo, Francisco Javier Rodríguez Martínez; o enxeñeiro técnico agrícola e micólogo pontevedrés, Jaime Bernardo Branco Deus; o enxeñeiro técnico industrial vilagarcián José Luis Sanz Acosta; a logopeda Eliana Gabriela Villar Villar; o mariño mercante coruñés Pedro Gea Vázquez; o odontólogo e estomatólogo estradense José Domingo González Bahillo; o psicólogo e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, natural de Cangas do Morrazo, Antonio Rial Boubeta; o protésico dental ourensán Eliseo Manuel Vidal Grande; a química e directora do Instituto Tecnolóxico para ou Control do Medio Mariño (Intecmar) con sede en Vilargarcía de Arousa, María Covadonga Salgado Blanco; e a veterinaria Rosa María Cuervo Méndez.

Marisa Castro Cerceda
0.19102597236633