A campaña arqueolóxica do Castro de Viladonga remata cunha visita comentada

LugoXa | TerraChaXa
Será este domingo, ás 12.00 horas diante do Museo, nunha actividade que non require inscrición previa
viista-castro-de-viladonga
13 Sep 2025

O Museo do Castro de Viladonga deu por concluída a campaña arqueolóxica deste ano, dedicada á limpeza e consolidación dunha vivenda situada na croa do xacemento. O balance foi cualificado de “grande éxito”, pois os traballos permitiron recuperar materiais de gran interese histórico.

Como colofón á campaña, este domingo 14 de setembro ás 12.00 horas celebrarase unha visita comentada aos traballos arqueolóxicos realizados. O punto de encontro será diante do Museo do Castro de Viladonga, e a actividade non require inscrición previa.

Entre os achados máis relevantes destaca un ás da Caetra, localizado nun contexto de cremación doméstico sinalizado en superficie cunha estela con cazoleta, o que achega nova información sobre os rituais e costumes das comunidades castrexas.

O Museo quixo agradecer especialmente a implicación dos mozos e mozas participantes no campo de voluntariado, que colaboraron nas tarefas de limpeza e fixeron posible avanzar na conservación e posta en valor deste patrimonio.

Con esta iniciativa, o Museo busca achegar á cidadanía os avances da investigación e reforzar o papel divulgativo dun dos enclaves arqueolóxicos máis destacados de Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.16923499107361