A campaña Galicia sabe amar estará presente no partido do CB Breogán contra o Manresa

A campaña da Xunta, Galicia sabe amar, que busca fomentar o consumo dos produtos do mar galegos, estará presente no partido de baloncesto que enfrontará este sábado, 28 de marzo, en Lugo ao CB Breogán co Manresa ás 18.00 horas no Pazo dos Deportes, dentro da 24ª xornada da Liga Endesa.
O delegado territorial, Javier Arias, sinalou que o ámbito deportivo é un dos máis indicados para acoller unha iniciativa destas características, que busca “fomentar unha vida saudable animando a consumir peixe, marisco e conservas galegas como parte dunha dieta equilibrada”.
Subliñou que o Breogán “é un aliado idóneo para darlle a máxima difusión a esta campaña”, que xa estivo presente en anteriores tempadas do club, e que no partido de mañá contará tamén coa asistencia da conselleira do Mar, Marta Villaverde.
A Consellería do Mar apoia o encontro a través dun novo contrato de patrocinio asinado co conxunto lucense, no marco das diferentes liñas de colaboración que mantén a Xunta co club.