A campaña 'Mellor local, mellor galego' chega aos postos da Praza de Abastos da man do BNG

LugoXa
La campaña "Mellor local mellor galego" llegó en el día de ayer a la Plaza de Abastos de Lugo de la mano del BNG.
mellor local mellor galego ruben arroxo bng praza abastos
28 Dec 2021

Os concelleiros e concelleiras do BNG realizaron onte na Praza de Abastos unha acción enmarcada na campaña de comercio local iniciada a nivel de toda Galicia para promocionar o consumo de produtos de comercio local e de proximidade.

O portavoz do BNG, Rubén Arroxo, afirmou que “neste momento é máis importante que nunca colaborar na reactivación económica e social, e para isto o pequeno comercio vólvese imprescindible”.

Para dar comezo a esta campaña, o BNG elixiu a Praza de Abastos de Lugo como un exemplo, segundo afirmou Rubén Arroxo, “dun espazo onde podemos atopar o mellor dos produtos da nosa terra, onde se garante a proximidade e a calidade dos produtos que xeramos neste país”.

MELLOR LOCAL, MELLOR GALEGO
É a campaña que, dende o día de onte, percorre os postos da Praza de Abastos. Esta campaña que xa se está levando a cabo noutras partes de Galicia, cunha gran acollida, pretende promover o consumo nos comercios locais para favorecer aos negocios de proximidade que son os que moven a economía e xeran emprego na cidade.

0.23469018936157