A campaña Merca no teu Comercio chega á cidade de Lugo para dinamizar o comercio local

LugoXa
Entre o 15 e o 30 de outubro, os clientes poden participar para gañar tarxetas prepago e fomentar as compras nos establecementos de proximidade
Rebaixas-comercio-local
16 Oct 2025

A cidade de Lugo acolle desde o 15 ata o 30 de outubro a campaña promocional Merca no teu Comercio, impulsada pola Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia.

Trátase da última das 40 actuacións previstas en toda Galicia, que abranguen máis de 90 localidades, co obxectivo de estimular as vendas, achegar os clientes aos comercios de proximidade e impulsar o sector.

Na provincia de Lugo celebráronse un total de 10 campañas distribuídas en 22 localidades entre xuño e novembro, con 10.000 euros repartidos en premios.

Para participar nesta iniciativa, os clientes deberán rexistrar as súas compras nos establecementos retallistas da capital lucense durante as datas da campaña a través da web. Ademais, os comerciantes tamén poden rexistrar as operacións de compra dos seus clientes na mesma plataforma, aumentando así as posibilidades de gañar.

Entre todos os participantes sortearanse 1.000 euros en 20 tarxetas prepago de 50 euros cada unha, que deberán utilizarse de novo en compras nos comercios locais. O sorteo realizarase o 31 de outubro, mentres que a entrega de premios está prevista para o luns 10 de novembro.

⚙ Configurar cookies
0.071398973464966