A Candeloria Pista Extra anuncia aos seus primeiros confirmados

LugoXa
A Candeloria Pista extra anuncia aos seus primeiros confirmados.
8 Maio 2024

A Candeloria Pista extra anuncia aos seus primeiros confirmados. A cita chega ao Pazo de Feiras e Congresos de Lugo o vindeiro 30 de novembro con artistas referentes do rock, do rap, do punk internacional e do ska-punk. Non Servium, Banda Basotti, El Drogas e Machete en boca son os primeiros grupos que forman parte do cartel do evento.

Non Servium veu no 2018 coma unha das bandas máis potentes do panorama estatal  e regresan ó pista extra convertidos en verdadeiras iconas do punk internacional. O evento xorde en paralelo á Candeloria, festival referente na música punk rock en Galicia e no resto do Estado, aínda que comparte os mesmos valores, identidade e paixón.

Pola súa parte, Banda Basotti mantense coma un dos grupos máis históricos do ska-punk, polo que achegará á cidade os temas máis emblemáticos da súa traxectoria para bailar e non parar de corear os seus himnos. Tamén se suma ao festival El Drogas, unha lenda do rock e punk que, en plena xira do seu directo -40 grados repasará toda a traxectoria de Barricada e algún dos temas propios.

A eles únense Machete en boca, unha banda referente de rap antifascista e feministas. A última edición da Candeloria celebrouse o 1 e 2 de marzo no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, chegando ao seu décimo aniversario. Actuaron Mafalda ou Zoo, que anunciaron a súa despedida dos escenarios en 2024, Soziedad Alkoholika, Los Chikos del Maíz, Rebeliom do Inframundo, Familia Caamagno ou Arrythmia, entre outros.

0.15575194358826