A candidatura do PP coloca carpas informativas en todos os barrios da cidade

LugoXa
A candidatura do PP intensifica a súa presenza na rúa con carpas informativas en todos os barrios da cidade
29 Abr 2023

Esta semana o equipo de Elena Candia intensificou a súa presenza na rúa habilitando dous puntos informativos diarios nos que a candidatura informa a pé de rúa das propostas do seu decálogo.

Ata o arranque da campaña, o vindeiro día 12 de maio, os candidatos participarán en carpas que se colocarán nunha trintena de ubicacións en diferentes barrios do municipio coa idea de trasladar á cidadanía as prioridades do seu proxecto de cidade.

ENCONTROS SECTORIAIS

Ademais destas accións de escoita activa na rúa a alcaldable do PP mantén a diario encontros sectoriais con diferentes entidades nos seus locais sociais. Tamén se organizan xuntanzas máis numerosas con colectivos ligados ao deporte, á cultura e ao tecido empresarial. A próxima sectorial programada terá lugar a vindeira semana con entidades que traballa no eido social.

Todo este traballo sirve para que a candidata e o seu equipo intercambien opinións tanto cos cidadáns anónimos como co tecido local que lles facilitan diferentes aportacións que consideran prioritarias para que Lugo mellore e sexa un municipio de oportunidades.

0.17499899864197