A Capela de Santa María acolle o concerto 'Des(a)fiada' do grupo Zoelas

LugoXa
O concerto, que será esta tarde de 6 de marzo ás 20.00 horas, está promovido pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo
Zoelas
6 Mar 2025

A Capela de Santa María será o escenario do espectáculo musical 'Des(a)fiada' do grupo Zoelas, unha proposta que ofrece un repertorio de composicións propias e temas recollidos que poñen o foco nas vivencias femininas ao longo da historia.

A música explorará diversas realidades como a guerra e a posguerra, a emigración, a emancipación da muller a través do negocio da costura ou a diversidade no rural, abordando así diferentes perspectivas do papel da muller na sociedade.

O concerto, que será esta tarde de 6 de marzo ás 20.00 horas, está promovido pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. A entrada será gratuíta ata completar aforo.

Unha oportunidade para achegarse á memoria e á realidade das mulleres a través da música e a tradición oral.

⚙ Configurar cookies
0.17285704612732