A Capela de Santa María de Lugo acolle 'Mundo Kármiko Lugildiano Exhibicion' de José María Lugilde Pena

LugoXa
A exposición permanecerá na Capela de Santa María ata o 8 de decembro, de luns a venres, sábados, domingos e festivos, de 10.30 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas
'Mundo-Kármiko-Lugildiano-Exhibicion'-do-pintor-José-María-Lugilde-Pena-Lugo
8 Nov 2024

A Capela de Santa María de Lugo acolle a exposición 'Mundo Kármiko Lugildiano Exhibicion' do pintor lucense José María Lugilde Pena, que reúne medio cento de obras entre pinturas e pinto-esculturas representativas da súa traxectoria artística: da figuración ata a abstracción, pasando polo surrealismo.

A mostra configúrase arredor de reflexións sobre o paso do tempo ou a inspiración, a creatividade e a arte que esboza nos paneis que contextualizan a mostra e que compartiu durante a súa intervención, na que valorou especialmente expoñer na cidade en que naceu e mesmo a escasos metros da escola de artes da Fundación Bolaño Rivadeneira na que se formou e na que se reafirmou como un “artista plástico multidisciplinar, autodidacta e vocacional” que “sinte a necesidade de buscar vieiros que vou atopando, aínda que nunca estarei conforme”.

Esa evolución levouno a crear pinturas abstractas nas que integra pequenas estruturas que complementan a obra mantendo un equilibrio harmónico para integrar a mensaxe que pretende expresar, unha técnica mixta que define como “kousismo” e na que di atopar unha “liberdade real” desde o punto de vista creativo.

A exposición permanecerá na Capela de Santa María ata o 8 de decembro, de luns a venres, sábados, domingos e festivos, de 10.30 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas, con entrada libre e gratuíta.

0.17861485481262