A Capela de Santa María será o epicentro da arte corporal co festival Oktober Ink

LugoXa
A segunda edición do evento reunirá nove tatuadores galegos e de Ponferrada e destinará parte da recadación á reforestación dos montes de Galicia
festival-Oktober-Ink-Lugo
10 Oct 2025

A Capela de Santa María acollerá esta fin de semana a segunda edición do Festival de Tatuaxes de Lugo Oktober Ink, unha cita organizada pola Asociación Galega de Arte Corporal que converterá o emblemático espazo no punto de encontro da arte sobre a pel.

O evento reunirá nove profesionais da tatuaxe e da arte corporal procedentes de diferentes puntos de Galicia e de Ponferrada, que exhibirán a variedade de estilos, deseños e técnicas dunha práctica cada vez máis presente na estética contemporánea.

Ademais das sesións de tatuaxe e exposicións, o festival contará cun amplo programa musical. O sábado actuarán Yowan Vandi, Flying Mosquitos e Sintrom ni son, mentres que o domingo será a quenda de Los Alcántara e MadMartin Trío.

A organización anunciou que o 25% da recadación obtida durante o evento destinarase á reforestación dos montes galegos, combinando así o espírito creativo e solidario desta cita que continúa consolidándose como referente da arte corporal en Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.072820901870728