A Caravana Cultural das Mulleres Rurais aterra en setembro en Navia de Suarna

A Asociación Ser, de Vilela en Navia de Suarna, organiza este sábado 18 de marzo dúas actividades na Casa Quindós
Navia suarna fademur carvana cultural
18 Ago 2023

Teatro, música, feira de emprededoras, obradoiros de  saberes tradicionais, mesas redondas e ata a elaboración dun graffiti. Son as actividades  que os días 2 e 3 de setembro levará ata Navia de Suarna a Caravana Cultural das  Mulleres Rurais. Unha iniciativa pioneira de Fademur que nace coa vontade de poñer  en valor os saberes, os oficios e a cultura tradicional e de tecer unha rede de mulleres  rurais a nivel estatal que permita facer aflorar todo ese patrimonio cultural.

A fin de semana do 2 e 3 de setembro Navia de Suarna converterase en epicentro  cultural grazas a un amplo programa de actividades que se desenvolverá tanto en  espazos públicos como privados da localidade; e que pretende xerar debates, crear  diálogo e visibilizar e poñer en valor a cultura rural e o papel primordial que as mulleres  desenvolven e desenvolveron sempre nese eido. Así o destacou a presidenta de  Fademur, Teresa López, na presentación do evento realizada este xoves en Lugo. Un  acto no tamén participaron a presidenta de Fademur Galicia, Verónica Marcos, e o  alcalde de Navia de Suarna, José Fernandez.

A Caravana Cultural das Mulleres Rurais nace dun convenio de colaboración asinado  entre Fademur e o Instituto da Muller. Navia de Suarna será a primeira parada dunha  iniciativa que se desenvolverá a nivel estatal e que ten como obxectivo poñer en valor  tanto o territorio como as persoas que o habitan e, moi especialmente, as mulleres.

Verónica Marcos foi a encargada de debullar un programa que dende a inauguración do  festival, o sábado 2 de setembro ás 11:30 da mañá, ata a súa clausura, o domingo 3 pola  tarde, ofertará talleres de musicoterapia e de recuperación e transmisión de saberes  tradicionais vinculados ao fiado do liño e da lá, ao traballo con coiro, ao tecido, os bolillos

ou á transmisión oral e as pandereteiras. Tamén haberá espazo para unha feira de  emprendedoras con degustación na que as mulleres rurais vinculadas a Fademur exporán e terán á venda os seus produtos. A programación complétase con dous  concertos das bandas Bulbakán e N.E.X.N. e coa obra de teatro El contrabajo estrellado.

Pola súa banda, o alcalde de Navia de Suarna agradeceu a Fademur a confianza á hora  de escoller esta primeira parada do festival e puxo en valor o papel primordial das  mulleres no mantemento dun rural vivo. Nese senso, José Fernández destacou o  compromiso do Concello coa igualdade e fixo un chamamento para seguir traballando e  impulsando iniciativas que permitan seguir avanzando na consecución dun rural vivo,  activo e con calidade de vida garantida para todas as persoas que o habitan.

1_PROGRAMA Caravana Cultural das Mulleres 1
0.18355107307434