A Casa da Cultura da Fonsagrada acollerá unha charla titulada 'Seguridade no Fogar'

LugoXa
A sesión terá lugar na aula Coworking en horario de 16:30 a 20:30 horas e está dirixida á toda a cidadanía
concello-da-fonsagrada
13 Apr 2025

O próximo luns 21 de abril, a Casa da Cultura da Fonsagrada acollerá unha interesante charla titulada 'Seguridade no Fogar'. A sesión terá lugar na aula Coworking en horario de 16:30 a 20:30 horas e está dirixida á toda a cidadanía.

Durante a actividade, impartida por profesionais da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, abordaranse temas de gran relevancia como a seguridade na realización das axudas na vida diaria no fogar, as pautas para mellorar a seguridade no fogar e a prevención de caídas tanto dentro como fóra da vivenda.

Entre os aspectos destacados, a charla profundará en cuestións como as barreiras arquitectónicas, o uso de accesorios de axuda como canas, cadeiras de rodas ou andadores, así como os riscos que presentan elementos do fogar, como alfombras e mobles. Tamén se falará sobre as novas tecnoloxías e como estas poden mellorar a seguridade dentro e fóra das vivendas.

A inscrición é obrigatoria e pode realizarse chamando ao 982 34 02 45 en horario de 14:00 a 20:00 horas. A charla é unha oportunidade única para mellorar a seguridade no día a día e recibir consellos útiles para evitar accidentes no fogar.

⚙ Configurar cookies
0.15830612182617