A Casa da Cultura de Antas de Ulla acolle a Exposición 'Cartas de Amor'
LugoXa
A mostra inclúe ilustracións de 15 artistas sobre a violencia de xénero e a mocidade
1 Dec 2024
A Casa da Cultura do Concello de Antas de Ulla acolle a Exposición 'Cartas de Amor', que xa se pode visitar ata o vindeiro 16 de decembro.
A mostra inclúe ilustracións de 15 artistas sobre a violencia de xénero e a mocidade e desde o Goberno local animan a toda a veciñanza a desfrutar desta exposición.
O Concello de Antas de Ulla forma parte da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero debido ao seu compromiso institucional e social cara a lacra que supón a violencia cara as mulleres e esta actuación é posible grazas a Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero.