A Casa da Cultura de Guntín xa é accesible para as persoas con mobilidade reducida
A Casa da Cultura de Guntín xa é accesible para as persoas con mobilidade reducida. As instalacións veñen de ser reformada e acondicionadas co apoio da Xunta. En concreto, as actuacións permitiron facer da Casa da Cultura un local accesible tamén para as persoas de mobilidade reducida, coa instalación dun ascensor, así como melloras nas escaleiras e reforma dos baños.
Desta forma estase a universalizar a cultura, fomentar que poida ser accesible para todos e tamén garantir que o rural teña as mesmas posibilidades. En total, o proxecto contou cun investimento de máis de 36.000 euros.
O centro conta con salón de actos e varios locais distribuídos en soto e dúas plantas e utilízase para acoller diversos actos culturais como cursos, clases a banda e a coral, iniciación a música, obradoiro de emprego, ximnasia, charlas, conferencias... e tamén e usado como lugar de reunión polos veciños do municipio.