A Casa das Insuas abre unha mostra de ornitoloxía o sábado

TerraChaXa | LugoXa
O sábado 27 de xaneiro ás 11:00 a Asociación Galega de Custodia do Territorio a exposición Ornitoloxía fotográfica, de Jorge Huescar na Casa das Insuas, que contén diversas fotografías sobre as aves galegas.
ornitoloxia fotografica casa as insuas portada
21 Jan 2024

O sábado 27 de xaneiro ás 11:00 a Asociación Galega de Custodia do Territorio a exposición Ornitoloxía fotográfica, de Jorge Huescar na Casa das Insuas, que contén diversas fotografías sobre as aves galegas.

Logo de disfrutar da exposición farase un percorrido pola contorna do río Miño para fotografar as aves que se deixen ver, con consellos expertos do autor.

Esta actividade está aberta á veciñanza pero require de inscrición previa. Esta pode facerse en www.custodiadoterritorio.org/actividades. Ademais, darse información no correo custodiadoterritorio@gmail.com ou 630 948 293 (teléfono ou WhatsApp).

Esta actividade é posible grazas ao acordo de custodia do territorio que a Deputación de Lugo mantén coa AGCT para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte, contornas da institución provincial que forman parte da Reserva da Biosfera de Terras do Miño. Exposición orixinal elaborada no Club de Ciencia do IES Ollos Grandes.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20664310455322