A Casa das Insuas acolle o curso 'Sementando microbiota' este sábado en Rábade

LugoXa | TerraChaXa
Estará impartido por David Botana e promovido pola Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT)
sementar-na-terra-agricultura-campo
23 May 2025

Este sábado 24 de maio, de 16:00 a 19:00 horas, o Xardín das Froiteiras en Rábade será o escenario do curso Sementando microbiota, unha actividade formativa e práctica centrada na importancia dos microorganismos beneficiosos para o solo e as plantas. O curso estará impartido por David Botana e está promovido pola Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT), co apoio económico do Concello de Rábade.

Durante a sesión abordarase o papel esencial da microbioloxía na rexeneración do solo, explorando conceptos como a labranza cero, os bosques comestibles e diversas técnicas para vitalizar a terra a través da activación da súa microbiota. Trátase dunha xornada inspiradora, aberta e gratuíta, pensada para todas aquelas persoas interesadas en coidar a terra e fomentar prácticas agrícolas sustentables.

As persoas interesadas en participar poden reservar a súa praza enviando un correo electrónico a casadasinsuas@gmail.com.

⚙ Configurar cookies
0.17240905761719