A Casa das Insuas acolle un campamento de verán a finais de agosto
Este ano volve a Insuascola de Verán, un campamento medioambiental que terá lugar na Casa das Insuas de Rábade.
O campamento desenvolverase dende o 28 ao 31 de agosto en horario de 10.00 a 14.00 horas.
Os participantes poderán realizar actividades de experimentación como rutas ou bici e de coñecemento de flora e fauna das Insuas co bosque fluvial do río Miño, potenciando a convivencia co medio dun xeito respetuoso e en contacto directo co río Miño.
Esta actividade está pensada para nenas e nenos de entre 6 e os 12 anos de idade e é gratuíta.
O periodo de inscrición remata o vindeiro 23 de agosto ou ata agotar as prazas a través do correo info@galwy.com ou no 982 804 773.
Esta actividade inclúese dentro do acordo de custodia do territorio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.