A Casa das Insuas acolle este mércores un obradoiro de chapas

TerraChaXa | LugoXa
A Asociación Galega de Custodia do Territorio realizará este mércores un obradoiro de creación de chapas na Casa das Insuas, con imaxes das especies máis descoñecidas.
14 Maio 2024

A Asociación Galega de Custodia do Territorio realizará este mércores un obradoiro de creación de chapas na Casa das Insuas, con imaxes das especies máis descoñecidas.

A sesión terá un horario de 17:00 a 19:30 horas.

Todos os mércores a Casa das Insuas abre de 17.00 a 20.00 horas e pódense visitar as exposicións que hai, ou mesmo consultar os libros da biblioteca.

As persoas que desexen anotarse ao obradoiro poden facelo no correo casadasinsuas@gmail.com ou no web www.custodiadoterritorio.org

0.094804048538208