A Casa das Insuas acolle un obradoiro de observación de libélulas

LugoXa | TerraChaXa
Será o sábado 20, en horario de mañá
casa-das-insuas-libelulas
Cartel
15 Xul 2024

A Casa das Insuas de Rábade acolle o sábado 20 de xullo, de 10:30 a 14:00 horas, unha actividade de observación das libélulas existente na Reserva da Biosfera de Terras do Miño, visitando algúns dos lugares máis interesantes da zona.

Trátase dunha actividade con prazas limitadas polo que haberá que facer inscricións en www.custodiadoterritorio.org/actividades. Tamén se ofrece máis información en casadasinsuas@gmail.com ou no 630-94.8293.

Esta actividade inclúese dentro do acordo de custodia do territorio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

0.20648789405823