A Casa das Insuas acolle unha nova xornada sobre a convivencia co lobo en Galicia

LugoXa | TerraChaXa
Este encontro permitirá expoñer os resultados finais do proxecto AC2021C-01, centrado nas medidas preventivas para evitar a predación do gando
lobo-monte
10 Jan 2025

O vindeiro 24 de xaneiro celebrarase na Casa das Insuas, en Rábade, unha xornada divulgativa sobre a convivencia co lobo en Galicia. Este encontro permitirá expoñer os resultados finais do proxecto AC2021C-01, centrado nas medidas preventivas para evitar a predación do gando e fomentar unha relación harmoniosa entre a actividade gandeira e a conservación do lobo.

Durante a xornada, presentaranse datos reais e experiencias de gandeiros de toda Galicia, complementados con intervencións de expertos. O programa inclúe charlas como a de Santiago Crecente Campo (CIAM-AGACAL) sobre a presentación inicial, ou a de Óscar Rivas López (AGCT), que abordará a situación do lobo en Galicia. Tamén participarán José Vicente López Bao (CSIC), quen afondará nas medidas preventivas contra a predación, e outros profesionais como Joan Alibés Biosca (Beealia) e Luis Llaneza Rodríguez (ARENA), que tratarán os resultados do proxecto.

A xornada desenvolverase entre as 11:00 e as 14:30 horas, cun espazo final para un coloquio co público. A participación é gratuíta, pero as prazas son limitadas, polo que será necesario inscribirse previamente a través do correo electrónico contacto@beealia.com ou do número de WhatsApp 619032791.

xornada-divulgativa-lobo
0.15316295623779