A Casa das Insuas de Rábade acolle un obradoiro sobre cantos de aves

TerraChaXa | LugoXa
A Casa das Insuas celebra este sábado, 29 de abril, de 18:30 a 21:00 horas, o Taller de cantos de aves, guiado polo ornitólogo Óscar Rivas.
obradoiro cantos de aves portada
26 Abr 2023

A Casa das Insuas continúa coa súa programación e así este sábado, 29 de abril, de 18:30 a 21:00 horas, celebrarase o Taller de cantos de aves, guiado polo ornitólogo Óscar Rivas.

Farase unha visita ás Insuas do Miño escoitando ás aves no solpor e recoñecendo as diferentes especies presentes.

Esta actividade inclúese dentro do convenio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

No curso as prazas están limitadas e as inscricións deben facersen na web www.custodiadoterritorio.org/actividades Os que desexen máis información poden solicitala en custodiadoterritorio@gmail.com ou no 620 59 38 92.

obradoiro cantos de aves
0.14886593818665