A Casa de asociacións Clara Campoamor acollerá unha campaña de visibilización con Diego As

LugoXa
La Casa de Asociaciones Clara Campoamor acogerá una campaña de visibilización con Diego As a favor de Alucem y Alcer en Lugo.
as solidario
24 Apr 2022

O vindeiro venres, 29 de abril, ás 16:00 horas, na Casa de asociacións Clara Campoamor localizado no Parque de Frigsa xunto ao parque de Skate, Diego AS realizará unha campaña de visibilización a favor de Alucem e Alcer Lugo decorando a fachada do devandito edificio.

Esta actividade complementarase cun “Bautismo no grafiti” onde os e as participantes poderán adquirir un primeiro contacto con esta forma de arte.

Para participar, rogamos confirmación a través de whatsapp ou chamada telefónica ao 634831597.

Alucem e Alcer son dúas asociacións que manteñen actividade na cidade de Lugo. Alucem é unha asociación sen ánimo de lucro que fundamentalmente loita pola erradicación da Esclerose Múltiple e a mellora da calidade de vida dos afectados. Mentres que Alcer é a Asociación para a loita contra as enfermidades do ril.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19378709793091