A Casa do Maior de Portomarín ofrece actividades ocupacionais aos veciños de máis de 65 anos
A Casa do Maior de Portomarín ofrece actividades ocupacionais aos veciños que visitan cada día este centro. A casa do maior é un recurso dirixido a persoas maiores de 65 anos de idade con autonomía, e persoas dependentes de grado I e II. O seu obxecto e que as persoas usuarias se encontren nun espazo onde as súas necesidades sexan cubertas por un profesional sociosanitario. Un espazo inclusivo e integrador.
Este tipo de servizos son fundamentais para garantir un envellecemento digno e acorde as necesidades de cada persoa.
As casas do maior son lugares onde os veciños se poden reunir, crear veciñanza, facer actividades e estar en compañía nun entorno rural. Pequenos centros de día que permiten que os municipios que non contan con este tipo de servizo poidan ofrecer terapias e actividades aos maiores dentro da súa contorna.
Ademais, favorece a permanencia das persoas na súa contorna e evita a institucionalización. Un dos recursos que supoñen un beneficio para os veciños sen custe ningún xa que está subvencionado pola Xunta de Galicia. Para facilitar o acceso ao centro consta de servizo de transporte e comedor.
Para obter máis información sobre a Casa do Maior de Portomarín deberás poñerte en contacto cos Servizos Socias Municipais.