A Casa do Saber acolle este xoves un encontro con Xacobe Martínez

LugoXa
A Casa do Saber acolle este xoves día 2 de marzo ás 20.30 un encontro con Xacobe Martínez sobre creación musical
xoves de moda lugo cultura portada
28 Feb 2023

Xacobe Martínez Antelo estará este xoves día 2 de marzo na Casa do Saber a partir das 20.30 nun encontro no que se debatirá sobre os procesos creativos, a concepción do Espazo Sonoro na música, nas artes escénicas e no audiovisual. Ademais tamén falará de cómo é aexperiencia de traballar para Chévere e do traballo de N.E.V.E.R.M.O.R.E.

Xacobe é músico, emprendedor, e activista cultural. De formación ecléctica e autodidacta, este músico compostelán aparece en máis de 40 traballos discográficos, que van dende o Jazz, ó Rock, pasando pola Música Tradicional, o Teatro ou as Músicas do Mundo.

Ademáis da acción vencellada á Música, dende hai máis de 20 anos, traballa de xeito estable co Grupo Chévere (Premio Nacional de Teatro 2014). Vén desenvolvendo tarefas relacionadas co Espazo Sonoro e a Música dende os comezos da súa relación profesional co Grupo Chévere, e ten recibido varias nominacións e varios Premios María Casares por algúns dos seus traballos con Chévere, como, Testosterona, Citizen, ou a Ultranoite no País dos Ananos.

Na última gran montaxe N.E.V.E.R.M.O.R.E. asistimos a unha aposta decidida pola execución ao vivo de toda unha banda sonora recreada coas vellas técnicas do Foley Art, para amosar as tripas da ficción escénica, xunto coas maquinarias dos teatros onde se representa a última gran peza dos Chévere.

xoves de moda lugo cultura
0.17405200004578