A CEL acolleu unha xornada práctica sobre inclusión laboral de persoas con discapacidade

LugoXa
O evento permitiu experimentar de primeira man os retos e as oportunidades que aportan á empresa equipos diversos
xornada-Ponte-no-meu-lugar-CEL-Lugo
20 Nov 2025

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) acolleu unha xornada práctica organizada por Inserta Empleo (Fundación ONCE) para promover o coñecemento das dificultades, e ao mesmo tempo dos beneficios, que aportan as persoas con discapacidade aos equipos de traballo nas empresas.

A sesión foi inaugurada polo secretario xeral da CEL, Jaime López, e contou coa participación de Beatriz Gallego, directora rexional Galicia en Inserta Empleo, e Zaida Fernández, técnico de atención a empresas na mesma organización.

Deseñada como unha dinámica de grupo lúdica e intensiva, baseada na metodoloxía vivencial e na experimentación mediante xogos colaborativos, a xornada permitiu aos asistentes experimentar de primeira man como viven as persoas con discapacidade, os retos aos que se enfrontan e as estratexias que empregan para superalos, xerando un valor engadido significativo para as empresas.

Desde Inserta Empleo e a CEL lembran que a inclusión non é só unha cuestión de responsabilidade social, senón tamén unha vantaxe competitiva. As empresas con equipos diversos e contornas accesibles non só aumentan o compromiso e a creatividade, senón que tamén melloran a súa reputación e atraen talento altamente cualificado.

⚙ Configurar cookies
0.074692964553833