A CEL de Lugo organiza dúas xornadas formativas a vindeira semana

LugoXa
Da man de expertos e representantes empresariais abordaranse desde diferentes puntos de vista, cuestións de actualidade en materia laboral que preocupan ás empresas lucenses
CEL-Lugo-charla
23 Nov 2024

A  Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza para o próximo día 26 de novembro de 2024, martes, unha xornada informativa que se achegará en detalle aos efectos na saúde de amianto e radón, desde novidades normativas en materia de prevención de riscos laborais, a estratexias e medidas de protección e control para a seguridade e a saúde.

A xornada, de carácter presencial e práctico, terá lugar en horario de 10.00 a 13.00 horas no Hotel Forum CEAO Lugo e contará coas achegas de dous técnicos especializados en seguridade e saúde laboral, así como con pausa networking para o intercambio de experiencias entre os asistentes.

Dirixida a traballadores e empresarios, especialmente de pemes, esta actividade divulgativo - formativa ponse en marcha baixo o amparo das axudas para a realización de actividades no ámbito da prevención de riscos laborais en Galicia no exercicio 2024, financiadas pola Xunta de Galicia.

Por outra banda, a CEL organiza, co apoio da Xunta de Galicia e na contorna das actuacións do Diálogo Social en Galicia, a xornada informativa 'Escenario laboral actual: novidades e retos'; o mércores 27 de 10.30 a 13.30 horas, na que se abordará, da man de expertos e representantes empresariais e da Administración Pública, e desde diferentes puntos de vista, cuestións de actualidade en materia laboral que preocupan ás empresas lucenses.

Máis concretamente, o programa contempla a participación de Jorge Martín Blanco, técnico do Departamento de Emprego, Diversidade e Protección Social da CEOE, que falará sobre o impacto nas pemes da proposta de redución da xornada laboral; Nicolás González Raposo, xefe de Inspección de Traballo e Seguridade Social en Lugo, que se achegará a como afrontar unha inspección de traballo; Miguel Couto Alonso, asesor técnico de Sinistralidade e Absentismo da Mutua ASEPEYO, que abordará a problemática do absentismo laboral e o control de baixas médicas polas mutuas e Carmen José López, directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, que informará sobre axudas á contratación e outros incentivos ao emprego.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18639802932739