A CEL imparte un webinario gratuíto sobre plans de igualdade e protocolos antiacoso
De carácter práctico, contará coas intervencións de dúas avogadas especializadas en materia de igualdade, Verónica Suárez e Judith Vilá.
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), a través do Gabinete Técnico en materia de Igualdade Laboral e de Oportunidades e contra a Fenda Salarial, organiza para este xoves, 22 de xuño, un webinario informativo de carácter intensivo a través do que se tratará de sinalar os puntos chave para dar debido cumprimento nas empresas á normativa de igualdade, con especial atención ás especificacións dos Plans de Igualdade e Protocolos Antiacoso.
No webinario, que terá lugar de 10:00 a 13:00 horas, intervirán Verónica Suárez García, avogada socia responsable da área Procesal de Frago & Suárez Avogados Penalistas, e Judith Vilá San Claudio, avogada socia da consultoría de igualdade genera.t, especialista en igualdade e violencia de xénero e experta en mediación laboral e contencioso- administrativo.
A CEL lembra que a día de hoxe, as empresas teñen pendente adaptarse á Lei de Igualdade e á normativa que a desenvolve. Segundo diferentes estudos, moitas das empresas obrigadas, ou ben non dispoñen dun Plan de Igualdade ou o que han implementado non é o idóneo. Na mesma liña, os Protocolos de Prevención do Acoso constitúen unha obriga para todas as empresas que en moitos casos é aínda descoñecida ou mal aplicada.
O obxectivo do webinario é paliar este déficit e axudar ás empresas de Lugo a cumplir axeitadamente cos retos que plantexa a igualdade nos entornos laborais.
A asistencia ao webinario é gratuita, pero as prazas son limitadas polo que se require inscrición a través da web www.cel.es.