A CEL organiza unha xornada informativa de normativas de igualdade

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza para o próximo día 3 de xuño de 2025, martes, a xornada informativa Normativa de aplicación nas empresas en materia de igualdade laboral: Últimas novidades, que se impartirá en modalidade presencial na sede central da CEL en horario de 10:00 a 13:00 horas.
A xornada contará na súa apertura con representantes da CEL, o Gabinete de Igualdade da CEG e a Xunta de Galicia, e coas achegas como relatora de Cristina Pérez Vázquez, Licenciada en Psicoloxía, Máster en Prevención de Riscos Laborais, Máster en Dirección e Xestión de Recursos Humanos, Axente de Igualdade de Oportunidades que actualmente desenvolve o seu labor en Grupo Isonor.
Respecto de contidos, centrarase en realizar un repaso sobre as últimas novidades lexislativas que afectan as empresas en materia de igualdade de oportunidades, abordando todas aquelas materias que constitúen obrigacións que abordar como plans de igualdade, protocolos de acoso, dereitos das persoas LGTBI, entre outras.
A CEL lembra ademais que, conforme á normativa en materia de igualdade, as empresas están obrigadas a promover condicións de traballo para a protección integral contra violencias sexuais e evitar situacións de desigualdade e discriminación, debendo ao efecto establecer diferentes medidas, entre elas de sensibilización e información nesta materia de todo o seu persoal, así como difusión no ámbito laboral da necesaria igualdade de trato e non discriminación, polo que a participación de empresarios e persoal en xornadas informativas e divulgativas contribúe a acreditar o cumprimento de tales obrigas.
O encontro da semana próxima o pistoletazo de saída das xornadas informativas e divulgativas en materia de igualdade programadas para este exercicio 2025 pola CEL e financiadas pola Xunta de Galicia e o SEPE.
Este tipo de accións divulgativas están dirixidas a todo tipo de público interesados na a materia, pero o seu obxectivo é garantir un maior coñecemento e incorporación ás empresas da provincia de Lugo da lexislación vixente en materia de igualdade, polo que terán preferencia representantes e traballadores de empresas da provincia.
Para máis información e inscricións, consultar a web da CEL www.cel.es ou chamar ao 982 23 11 50.